FinOps Cloud
Infraestrutura na nube sobredimensionada, servizos esquecidos, custos que se disparan... Sobeches disto?
Estás a pagar polo que realmente necesitas?
Vémolo constantemente: contornas con máquinas sobredimensionadas, servizos en funcionamento desde hai meses que xa non se necesitan… Moitas empresas montan a súa infraestrutura pensando no “por se acaso”. E ese “por se acaso” custa centos ou miles de euros cada mes.
Tes instancias que ninguén sabe para que serven? Servidores ao 5% de uso as 24 horas do día? Sistemas que ninguén revisou en todo un ano?
O máis grave non é só o despilfarro, senón que con ese mesmo orzamento poderías ter un equipo técnico ao teu lado, velando para que iso non volva pasar.
FinOps con retorno dende o primeiro mes.
Análise completa da túa infraestrutura:
Realizamos unha auditoría técnica da túa contorna na nube: uso real de recursos, servizos activos, custos asociados e puntos críticos de mellora.
Optimización de recursos:
Aplicamos melloras reais, automatización, redución de instancias, axustes de escalado, cambio de plans... Todo o necesario para que só pagues polo que necesitas.
Monitoraxe e soporte continuo:
O noso equipo de sistemas e DevOps encárgase de supervisar, manter e optimizar a túa infraestrutura cada día. Non é unha intervención puntual, é un servizo continuo.
Copias de seguridade, alertas e tranquilidade:
Co aforro conseguido, podes cubrir os nosos servizos e gañar algo que non ten prezo: tranquilidade.
Por que seguir pagando de máis pola túa infraestrutura?
Moitas empresas están a gastar un 20%, 30% ou mesmo máis do necesario na súa nube.
Sobredimensionamento, servizos esquecidos, configuracións ineficientes…
Nós analizamos, optimizamos e acompañamos de xeito continuo, para que pagues só polo que realmente necesitas.
E o mellor: co que poderías aforrar, podes cubrir o noso servizo completo.
Que facemos exactamente?
Aquí tes todo o que inclúe o noso servizo:
- Auditoría inicial: Analizamos consumo, estrutura e patróns de uso para identificar oportunidades de mellora inmediata.
- Optimización de custos e rendemento: Aplicamos axustes a instancias, escalado, almacenamento e rede. Eliminamos aquilo que non achega valor.
- Integración de ferramentas: Instalamos sistemas como Redis, Cloudflare, New Relic, e analizamos rexistros, erros PHP ou consultas lentas MySQL.
- Dashboard de control: Informes claros, sen tecnicismos innecesarios: saberás canto gastas, por que e como mellorar.
- Acompañamento continuo: Non es un número. Estamos contigo para crecer de xeito controlado e eficiente.
Que gañas ti?
Na okITup aplicamos FinOps cunha visión técnica, práctica e sen letra pequena.
O noso obxectivo é claro: axudarche a reducir o teu gasto na nube sen comprometer rendemento nin visibilidade. Non se trata só de recortar custos, senón de obter beneficios reais, medibles e sostibles.
Estes son algúns dos resultados que conseguimos cando aplicamos o noso enfoque:
- Aforro inmediato e sustentable na túa factura de infraestrutura.
- Visibilidade completa do uso de recursos e servizos.
- Infraestrutura supervisada, segura e preparada para escalar.
- Soporte técnico real: non esperes días por unha resposta.
- Accións proactivas e melloras continuas, non só correctivas.
- Copias de seguridade, alertas e soporte 24/7
- Un equipo de SysAdmins e DevOps ao teu lado... financiado con aquilo que antes se perdía en fume.
A túa nube non necesita máis potencia. Necesita sentido común.